Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

O 25 de setembro de 2009, o xurado dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación reuniuse na Coruña para conceder os catro Prismas de Bronce (traballos multimedia, libros editados, artigos xornalísticos e textos inéditos), ademais do Prisma Especial do Xurado.

Fallo do xurado da XII convocatoria

Unha serie de documentais que descobre o como e o por que dos comportamentos de algunhas especies animais, un libro que analiza as creenzas e ideas aparentemente científicas espertando o sentido crítico e o escepticismo do lector, un artigo xornalístico sobre a orixe do universo, e un texto inédito sobre a metamorfose dos insectos obtiveron os Prismas de Bronce en esta XXII convocatoria.

O Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros, foi para á revista Mètode, da Universitat de Valencia.



30 XUÑ 2009, 12.00 h | Fin do prazo de presentación da categoría de libros editados

31 AGO 2009, 12.00 h | Fin do prazo de presentación do resto de categorías


14 NOV 2009 | Acto de entrega de premios

DESCARGA
Bases e fichas de participación
(PDF, 852 KB)