Prismas Casa das Ciencias
á Divulgación 2009
www.casaciencias.org/premios/
Composición do Xurado:
Presidente: D. Vladimir de Semir, director do Observatorio de Comunicación Científica da Universitat Pompeu Fabra
Compuesto ademais por:
- Dña. Patricia Fernández de Lis, redactora xefa da sección de Ciencia do diario Público
- D. Alejandro Fernández de las Peñas, director de CosmoCaixa Madrid
- D. Joaquín Fernández Pérez, catedrático de Bioloxía Celular da Universidad Autónoma de Madrid
- D. Fernando Mugarza, Director de Comunicación de PharmaMar Grupo Zeltia
- D. José Antonio de Lorenzo Pardo, IES Salvador de Madariaga (A Coruña)
- D. Raúl Romar, periodista de La Voz de Galicia.
D. Xosé Antón Fraga Vázquez, director dos Museos Científicos Coruñeses, actuou como Secretario
RELACIÓN DE PREMIOS OUTORGADOS
* Modalidade de traballos multimedia
O Prisma de Bronce ao mellor traballo multimedia destinado á divulgación científica, e o premio dotado con seis mil euros, foi outorgado á serie documental titulada “Descubriendo el comportamiento animal”, orixinal de Alberto José Redondo Villa e Juan Carranza Almansa, pola súa orixinalidade, capacidade de síntese e atractivo e pola importancia que ten a implicación dos investigadores na divulgación científica.
* Modalidade de libros editados en 2008
Decidiuse outorgar o Prisma ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2008, ao titulado “Por qué creemos en cosas raras. Pseudociencia, superstición y otras confusiones de nuestro tiempo”, de Alba Editorial e orixinal de Michael Shermer, porque traslada á sociedade a necesidade de adoptar posturas analíticas e críticas fronte á pseudociencia e a irracionalidade.
* Modalidade de artigos xornalísticos
O Prisma ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2008, dotado con seis mil euros, foi outorgado ao traballo “El origen de todo”, orixinal de Silbia López de Lacalle e publicado en Popular Science, pola habilidade para facer comprensible un tema coñecido pero tan complexo coma a orixe do cosmos desde unha perspectiva moi suxestiva e completa.
* Modalidade de textos orixinais e inéditos
Decidiuse outorgar o Prisma de Bronce ao mellor texto orixinal e inédito de divulgación científica, dotado con seis mil euros e a publicación da primeira edición, ao que leva por título “Vivir dos vidas. Un viaje por la metamorfosis de los insectos ”, do que é autor Xavier Bellés, pola calidade da narración, rigor e orixinalidade do texto, tema elixido e o esforzo divulgativo.
* Premio especial do Xurado
Decidiuse outorgar o Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros, á revista Mètode, da Universitat de València, polo esforzo continuado de divulgación científica de calidade e pola implicación dunha universidade na promoción da cultura científica.