Prismas Casa das Ciencias
á Divulgación

O Concello da Coruña convoca un ano máis os Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.

Aberta a XXI convocatoria

Concederanse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de multimedia, textos inéditos, artigos xornalísticos, (dotadas cun premio de 6.000 euros), libros editados e un Prisma Especial do Xurado. Grazas á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) esta última modalidade terá un reforzo especial, ao dotar cun premio de 9.000 euros.

Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.





30 XUÑ 2008, 12.00 h | Fin do prazo de presentación da categoría de libros editados
31 AGO 2008, 12.00 h | Fin do prazo de presentación do resto de categorías
15 NOV 2008 | Acto de entrega de premios

DESCARGA
Bases e fichas de participación
(PDF, 207 KB)