O Premio Luis Freire de investigación está dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia. Convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas.
O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é formularse unha pregunta á que desexen dar resposta, para despois deseñar a investigación que lles permita obter resultados e conclusións.
Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 22 de xaneiro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 12 de xuño de 2010, e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.
O primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatoria visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero ), a subscrición á revista Muy Interesante, e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor.



22 XAN 2010, 12.00 h | Fin do prazo de presentación de preguntas
30 XAN 2010 | O comité de selección dará a coñecer a lista de preguntas admitidas
30 ABR 2010 | Fin do prazo de presentación dos traballos
12 XUÑ 2010 | Presentación pública dos 5 traballos finalistas no salón de actos da Domus.
Dictame do Xurado.