• GALEGO
  • ESPAÑOL
  •           
  • INICIO
  • |
  • AXUDA
  • |
  • CONTACTO
  • |
  • SALA DE PRENSA
  • |
  • ARQUIVO
  • |
  • RSS
  •     


    Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias



    Visitas escolares

    :· TAXA CERO

    É necesario facer reserva previa para desfrutar destas vantaxes:

    A CORUÑA | 0 €
    Para os centros educativos do concello da Coruña
    XANEIRO-FEBREIRO | 0 €
    Para os grupos escolares que nos visiten nos dous primeiros meses do ano
    VISITA PREPARADA | 0 €
    Para calquera grupo escolar, se o profesor ten asistido á reunión previa de preparación da visita
    AMIGOS | 0 €
    Para os centros escolares que sexan socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

    TRES CASAS
    Gratis cine e planetario

    Para os grupos escolares que visiten os tres museos no mesmo día

    ¿Algunha vez soñaches con leva-la clase de ciencia ó recreo? Nos Museos Científicos Coruñeses fixémolo realidade co noso programa de visitas escolares.
    >> Novidades curso 2008-2009 (PDF, 157 K)

    Goza de prezos reducidos, visitas gratuitas e actividades especiais para grupos escolares, facendo unha reserva previa:

    1 Planifica a visita

    • Cine 3D (Domus, 45 min): Dinosauros 3D. Xigantes da Patagonia
      Horarios: 10:00, 11:30, 13:00, 15:00, 16:30 e 18:00
    • Planetario (Casa das Ciencias, 45 min):
      Horarios: 10:00, 11:30, 12:30, 13:30, 15:00, 16:30 e 18:00
    • Obradoiros escolares:
      >> Domus | Disección (corazón de vaca, ollo de porco)
      >> Aquarium Finisterrae | Falando con peixes, Contacontos, Talleres dixitais de actualidade científica
    • Xantar: traede a vosa comida ó picnic da Domus. Turnos de 80 persoas e 45 minutos como máximo. Horarios: 12:30, 13:30, 14:30, 15:30. Tamén podedes encargar o xantar na cantina do Aquarium (981 217682)

    :· PREPARACIÓN

    Todos os martes lectivos, ás 17:30, sesión en cada museo para axudar ós profesores a prepara-la visita. Ó acudir, o seu grupo terá entrada gratuita.

    Máis información:
    981 189 848 Reservas
    981 189 842 Aquarium Finisterrae
    981 189 844 Casa das Ciencias
    981 189 840 Domus



    2 Descarga, imprime e enche a folla de reserva (PDF, 66 KB)

    Non esquezas a túa firma e o selo do centro.

    3 Envía a solicitude por fax

    Fax de reservas:
    981 189 843 Aquarium Finisterrae
    981 189 845 Casa das Ciencias
    981 189 841 Domus

    Outra alternativa para solicitar reserva é escanear o formulario cuberto, selado e asinado, e envíalo por correo electrónico a reservas@casaciencias.org

    A reserva só quedará formalizada cando comuniquemo-la confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita, e o programa detallado.



    © Museos Científicos Coruñeses, 2007 | Comentarios e suxestións