CASACIENCIAS
O primeiro museo interactivo público de España naceu en 1985
DOMUS
En 1995 a Casa do Home uniu ciencia e arquitectura nunha homenaxe á especie humana
AQUARIUM FINISTERRAE
En 1999 a Casa dos Peixes completou a triloxía científica da Coruña
Museos Científicos Coruñeses (=mc2) é unha institución creada polo Concello da Coruña para a divulgación da ciencia.
Esta iniciativa parte da premisa de que Sen ciencia non hai cultura e que polo tanto o analfabetismo científico é pura e sinxelamente analfabetismo. Ofrece ós cidadáns estímulos e recursos para incorpora-la ciencia á súa cultura e así capacitalos para comprende-lo mundo no que vivimos.
Alén das súas salas de exposicións, os Museos Científicos Coruñeses levan a ciencia á cidadanía mediante actividades, cursos, conferencias, obradoiros ... As monografías de comunicación científica de mc2 dan resposta ás inquietudes da poboación sobre temas de actualidade como a gripe aviaria, as vacas tolas ou as células nai.
Para promove-lo labor dos divulgadores científicos, o Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses conceden cada ano os premios Prismas, un certame internacional que se celebra desde 1988.
Coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, o premio Luis Freire fomenta a creatividade científica entre os escolares galegos.
© Museos Científicos Coruñeses, 2007 | Comentarios e suxestións