• GALEGO
  • ESPAÑOL
  •  
  • INICIO
  • |
  • AXUDA
  • |
  • CONTACTO
  • |
  • SALA DE PRENSA
  • |
  • AXENDA
  • |
  • ARQUIVO
  • |
  • RSS
  •     


    Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias



    Omega

    :· EXPOSICIÓN TEMPORAL

    >> Casaciencias
    Planta baixa
    Desde setembro de 2007

    12 fotografías de gran formato sobre nebulosas planetarias e explosións de supernovas, realizadas polo telescopio espacial Hubble, un proxecto conxunto da NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA).

    Pulsa sobre as imaxes desta galería para ver un pase de diapositivas.

    Estrelas que morren


    «Omega» é unha exposición fotográfica que retrata a morte de estrelas, vistas a través dos ollos do telescopio espacial Hubble. Algunhas estrelas rematan a súa vida no medio de violentas explosións que dispersan polo espazo grandes cantidades de materia. O resultado son unhas estruturas que figuran entre os obxectos máis fermosos da natureza.


    Por que dan luz se están mortas?

    Ao final da súa vida, as estrelas máis pequenas, como o Sol ou algo máis grandes, vólvense inestables, contraéndose e dilatándose nunha serie de pulsacións que poden chegar a arroxar ao espazo a totalidade das capas exteriores. Este caparazón se expande en todas direccións e, iluminado polo núcleo espido da estrela, forma marabillosas estruturas filamentosas. Os astrónomos do século XVIII confundírono co disco de afastados planetas, denominándoas nebulosas planetarias, nome que aínda usamos.


    Nebulosa Ollo de Gato

    NGC6543
    No exterior da súa complexa estrutura adivíñanse ata unha ducia de aneis concéntricos, que se corresponden cunha serie de burbullas de materia que a estrela foi exectando a intervalos duns 1500 anos: o que observamos parécese ás capas dunha cebola cortada pola metade.

    NGC6543 atópase na constelación de Draco (o Dragón), a uns 3000 anos luz da Terra. A nebulosa ocupa 1 ano luz, e foi fotografada en mayo de 2002.


    Nebulosa do Esquimal

    NGC2392
    Hai quen se imaxina, ao ver esta imaxe, o rostro dun esquimal enmarcado pola capucha dunha parka. No interior da nebulosa aprécianse dúas grandes burbullas de gas propagándose en distintas direccións, rodeadas por unha estrutura radial (a capucha) cuxo orixe aínda non puido ser explicado. 

    NGC2392 atópase na constelación de Gemini, a unha distancia estimada de 5000 anos luz da Terra. Foi fotografada en xaneiro de 2000.


    Nebulosa da Hélice

    NGC7293
    Está tan próxima á Terra que a súa diámetro aparente é case a metade do da lúa chea, aínda que como é moito máis escura só pode verse con axuda dun telescopio ou, mellor aínda, duns prismáticos.

    NGC7293 está na constelación de Aquarius, a uns 700 anos luz da Terra. A nebulosa ocupa uns 2,5 anos luz, e a imaxe é o resultado da combinación de fotografías tomadas entre novembro de 2002 e setembro de 2003.


    O ovo cósmico

    V838 Mon
    En maio de 2002 unha superxigante vermella multiplicou súbitamente o seu brillo, iluminando a nube de po que a rodea. A medida que a luz daquela explosión propágase descóbrenos a estrutura da nube.
    V838 Mon atópase na constelación de Monoceros (o Unicornio), a unha distancia estimada de 20.000 anos luz da Terra, no bordo exterior da Vía Láctea. A nube de gas ocupa uns 14 anos luz, e foi fotografada entre maio de 2002 e outubro de 2004.


    As estrelas máis grandes teñen unha agonía similar ás pequenas, pero o seu colapso é tan brutal que a materia do seu núcleo se compacta ata formar unha bóla tan impenetrable que sobre ela rebotan as capas exteriores que se precipitan cara ao centro. Prodúcese entón unha supernova, unha explosión formidable que esparce en todas direccións os restos da estrela.

    :· PARA SABER MÁS:

    Estrellas que entre lo sombrío...
    A morte das estrelas tamén inspira poemas, como este de José Asunción Silva.

    NGC 7293 Helix Nebula 3-D | YouTube
    Animación que simula a formación da nebulosa da hélice.
    Nebulosas planetarias | Wikipedia
    Formas, orixe e distancias destes obxectos celestes.
    HubbleSite.org
    Os últimos descubrimentos do telescopio espacial. Fotografías, vídeos e actividades escolares.




    © Museos Científicos Coruñeses, 2007 | Comentarios e suxestións