• GALEGO
  • ESPAÑOL
  •  
  • INICIO
  • |
  • AXUDA
  • |
  • CONTACTO
  • |
  • SALA DE PRENSA
  • |
  • AXENDA
  • |
  • ARQUIVO
  • |
  • RSS
  •     


    Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias



    Bichos vivos

    :· EXPOSICIÓN TEMPORAL

    >> Casa das Ciencias
    3 abril 2007—15 setembro 2008
    FINALIZADA

    TERRARIOS CON 12 ESPECIES DE INSECTOS VIVOS, que destacan tanto polos seus fermosos deseños como pola súa capacidade de camuflaxe ou polas súas adaptacións biolóxicas para defenderse ou sobrevivir na súa contorna.

    Co patrocinio de:

    Un novo mundo de insectos


    Os insectos son os animais máis abundantes da Terra, con 5 millóns de especies distribuídas por todo o planeta. Esta nova exposición de Casa das Ciencias presenta unha ducia de especies, descoñecidas e sorprendentes, porque proceden de ecosistemas afastados.

    Esta curiosa selección inclúe cucarachas xigantes orixinarias de Sudamérica ou de Madagascar, insectos pau capaces de imitar a un escorpión, ou de mimetizarse coas follas e ramas, desafiando a agudeza visual dos visitantes.


    OS BICHOS:

    • Mantis-diana (Pseudocreobroter sp.)
      O máis rechamante do seu aspecto é o debuxo dunha diana claramente debuxada no seu dorso, que lle serve para desorientar aos seus atacantes. Orixinaria do Leste e centro de África, aliméntase de grilos e moscas. Ao localizaren a súa presa, moven sen cesar a súa cabeza en todas direccións para calcular a distancia do seu repentino e letal ataque.
    • Cascuda xigante (Blaberus giganteus)
      Orixinaria de Centroamérica e Sudamérica, aliméntase en gran medida das feces dos murciélagos. Habita nas cavernas formando extensas colonias no chan e paredes que parecen auténticas alfombras. Como todas as cascudas son extremadamente resistentes ás agresións da contorna, e ata son capaces de soportar altos niveis de radiactividade.
    • Zofoba (Zophoba morio)
      Unha das características deste escaravello é que as larvas adaptáronse a non pasar a fase de pupa cando se atopan en compañía doutras larvas, pois serían comidas por elas. Ademais, os adultos (escarabajos) emiten como defensa unha secreción olorosa que recorda ao aroma de... ¡rosas!
    • Cascuda xigante de Madagascar (Gromphadorrhina portentosa)
      Trátase dunha das especies de cascuda de maior tamaño do mundo. Ao sentirse ameazada, emite un potente zumbido para disuadir aos seus depredadores.
    • Insecto folla verde de Tailandia (Phyllium celebicum)
      O seu parecido coas follas que compoñen a súa dieta é tal que, cando non dispoñen de alimento, chegan a mordisquearse mutuamente. Se nota unha brisa, é capaz de imitar o suave balanceo que o vento imprime nas follas reais. A súa cor vai do amarelo ao verde en función da humidade que tivo no seu desenvolvemento. A femia pode estridular: producir sons coas antenas.
    • Insecto-palo xigante de Tailandia (Phaenopharos khaoyaiensis)
      As femias poden alcanzar ata 14 centímetros e son moito máis abundantes que os machos, particularmente en cautividad. Coas extremidades recollidas é case indistinguible dunha rama, pero cando se sente ameazado desprega unhas aliñas vermellas e emiten un cheiro desagradable.
    • Insecto palo de Vietnam (Baculum extradentatum)
      O seu parecido cunha pequena póla é extraordinario, pois imita ata os nós e manchas, obtendo un camuflaje perfecto. Como moitos insectos de camuflaxe (fásmidos), é partenogenético, é dicir, a femia pode poñer ovos sen necesidade de macho, dos que saen femias idénticas á nai.
    • Insecto-palo espinoso xigante (Extatosoma tiaratum)
      Orixinario de Australia, as súas estrañas formas fan que sexa un dos fásmidos máis apreciados polos afeccionados. Imita a pose dun escorpión para disuadir dos ataques dos seus depredadores. A femia e o macho son realmente diferentes. A femia pode chegar a medir ata 14 centímetros e é de constitución robusta e pode defenderse golpeando repetidamente as mornas contra os fémures. Os machos son máis esveltos e miden uns 10 centímetros.
    • Insecto “non me toques” (Epidares nolimetangere)
      Orixinarios de Borneo, son os representantes máis pequenos dos moitos insectos que exhiben púas no seu corpo. De aí o seu nome, aínda que non son perigosos.
    • Ninfa malaia da xungla (Heteropteryx dilatata)
      Procedentes das selvas de Malasia, as femia desta especie teñen unha grande envergadura, cuns 17 centímetros de longo. É ademais un dos insectos máis pesados. As adultas presentan unha fermosa cor verde polo que son moi valoradas polos afeccionados. Cada ano celébrase un concurso de criadores en Inglaterra que gaña quen presenta a femia máis grande e pesada
    • Espiñoso de Sabah (Aretaon asperrimus)
      Como outros insectos do mesmo tipo é capaz de imitar á perfección a súa propia morte, actitude na que insiste aínda que se actúe sobre el. Esta habilidade é unha desventaja para os criadores, pois con frecuencia perde patas nos seus esvaecementos.
    • Diablo espiñoso de Nova Guinea (Eurycantha calcarata)
      É un insecto de chan moi voraz. É o único que se come as follas da zarza e tamén os talos. É capaz de beber abrevando na beira dos ríos (a diferenza da maioría dos insectos que beben pingas de rocío). O macho é agresivo e pode facer dano co imponente espolón que ten sobre o seu fémur.


    :· PARA SABER MÁIS:

    Hablemos de insectos | Universidad de Illinois
    Unidade didáctica e guía do profesor sobre o mundo dos insectos.

    Bugs | Flickr
    Colección de imaxes de bichos realizadas por fotógrafos de todo o mundo.




    © Museos Científicos Coruñeses, 2007 | Comentarios e suxestións