• GALEGO
  • ESPAÑOL
  •           
  • INICIO
  • |
  • sobre mc2
  • |
  • AXUDA
  • |
  • CONTACTO
  • |
  • SALA DE PRENSA
  • |
  • ARQUIVO
  • |
  • RSS
  •     



    Séguenos en:
    Twitter | avisos
    YouTube | vídeos
    Flickr | fotos
    Podcast | charlas
    Webcams | 24h


    Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias

    Bolsas 2009-2010

    :· PARTICIPA

    PRAZO DE PRESENTACIÓN
    Do 12 — 26 outubro 2009
    Ampliado o prazo ata o 19 de novembro de 2009
    Máis información:
    981189842

    SOLICITUDE
    Enche o formulario (PDF, 1.32 MB) e envíao con esta documentación á Secretaría do Aquarium Finisterrae:
    Paseo Alcalde
    Francisco Vázquez, 34
    15002 A Coruña
    a becas@casaciencias.org
    ou ao fax 981 189843

    Se estás nos últimos cursos da túa carreira universitaria e tes menos de 28 anos, podes facer prácticas en tarefas de comunicación social da ciencia e en actividades pedagóxico-divulgativas nos Museos Científicos Coruñeses.

    O programa de bolsas para o curso 2009-2010 inclúe as seguintes modalidades:

    • Visitas guiadas
      56 prazas | 1 decembro 2009 - 31 agosto 2010
    • Prácticas de museoloxía
      11 prazas | 1 decembro 2009 - 30 xuño 2010
      Ver proxectos


    >> Consulta a lista de admitidos e suplentes (PDF, 112 KB)





    Bases da convocatoria de Bolsas 2009-2010


    1. OBXECTO
    O obxecto desta convocatoria é a concesión de bolsas para a realización de prácticas en tarefas de comunicación social da ciencia e en actividades pedagóxicas-divulgativas nos museos de ciencia e tecnoloxía do Excmo. Concello da Corulña (Museos Científicos Coruñeses (=mc2))

    2. SOLICITANTES
    Poderán participar nesta convocatoria os alumnos/as universitarios/as que cumpran os requisitos establecidos no RD 1497/1981 de 19 de xuño e no RD 1845/1944 de 9 de setembro que regulan as prácticas de estudantes universitarios.
    Son requisitos indispensables, que se trate de estudantes de últimos cursos de carreira ou que superaran polo menos a metade dos créditos necesarios para obter o título que estean cursando, que teñan en vigor o correspondente seguro escolar e que sexan menores de 28 anos.
    Os estudantes do terceiro ciclo que cumpran estes requisitos poderán ser beneficiarios das bolsas.

    3. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
    Os solicitantes deberán cumprimentar o formulario dispoñible na páxina web www.casaciencias.org e completar a súa petición mediante unha carta na que expoñan os motivos polos que están interesados na presente convocatoria, que deberá enviarse á secretaría do Aquarium Finisterrae (Museos Científicos Coruñeses, mc2), Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, 15002, A Coruña ou na dirección de correo electrónico becas@casaciencias.org

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 12 de outubro de 2009 e finalizará o día 26 de outubro de 2009. Ampliado o prazo ata o día 19 de novembro de 2009

    4. DOCUMENTACIÓN
    O formulario de solicitude deberá ir acompañado da seguinte documentación:

    4.1.- Fotografía tamaño carné.
    4.2.- Fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.
    4.3.- Fotocopia do resgardo da matrícula.
    4.4.- Carta.
    4.5.- Fotocopia do expediente académico.

    5. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL
    A concesión das bolsas realizarase por resolución do Excmo. Concello da Coruña, a proposta dun tribunal que estará presidido polo Excmo. Sr. Alcalde, que delegará, no seu caso, no Xefe de Servizo dos Museos Científicos Coruñeses, D. Xosé A. Fraga Vázques e polos seguintes vocais:
    - D. Francisco Rey Rodríguez, técnico Xefe de Administración de Mc2 que actuará como Secretario.
    - D. Manuel Miramontes Antas, xefe do Departamento de Servizos Xerais de Mc2.
    - D. Marcos Pérez Maldonado, director da Casa das Ciencias.
    - D. Francisco Franco del Amo, director do Aquarium finisterrae.
    - Dña. Patricia Barciela Durán, directora da Domus.
    - Dña. Susana Pérez Castelo, directora de comunicación de Mc2.
    - Dr. Horacio Naveira Fachal, Decano da facultade de Ciencias, Universidade da Coruña.
    - Dra. Mª Dolores Candedo Gunturiz, Adxunta á Vicerrectora de Organización Académica e Titulaciones, Universidade da Coruña.


    6. CONCESIÓN DAS BECAS
    Para decidir a concesión das bolsas terase en conta os seguintes aspectos:
    6.1.- Motivos alegados na solicitude.
    6.2.- Experiencia na organización de actividades de atención ao público ou de animación social ou cultural.
    6.3.- Formación específica en áreas relacionadas coa divulgación da ciencia.
    6.4.- Participación na edición de publicacións relacionadas coa divulgación científica ou coa ciencia en xeral.
    6.5.- Participación na produción de exposicións ou materiais didácticos relacionados coa divulgación social da ciencia ou coa ciencia en xeral.
    6.6.- Participación en eventos ou actividades organizados polos Museos Científicos Coruñeses.
    6.7.- Coñecemento e experiencia no manexo de aplicacións informáticas.
    6.8.- Coñecemento de técnicas instrumentais en laboratorios de ciencias.
    6.9.- Coñecemento do idioma inglés.
    6.10.- Expediente académico.


    7. PROCEDIMENTO
    Cos nomes dos candidatos seleccionados confeccionarase unha lista. Agotadas e adxudicadas as prazas, o resto de estudantes presentados que cumpran os requisitos da convocatoria pasarán a formar parte das listas de espera.

    No suposto de que antes de iniciarse o preríodo de prácticas ou durante este algún becario renunciase a súa bolsa, deberá facelo por escrito na Secretaría dos Museos Científicos Coruñeses, mc2, Parque de Santa Margarita s/n, 15005 A Coruña ou na dirección de correo electrónico becas@casaciencias.org.

    A vacante cubrirase co primeiro estudante na lista de espera que acepte.

    No suposto de falta de candidatos por vacantes imprevistas ou calquera outra causa, os Museos Científicos Coruñeses, mc2 reservanse a facultade de seleccionar a outros estudantes que cumpran os requisitos esixidos.

    8. DOTACIÓN PRESUPOSTARIA, TIPOS DE PROGRAMAS E HORARIOS
    O programa de bolsas executarase da seguinte forma:br/> 1. Do 1 de novembro decembro de 2009 ao 31 de agosto de 2010, cun total de 56 bolseiros do programa “visitas guiadas”, repartidos:
    28 na Casa dos Peixes Aquarium finisterrae).
    14 na Casa das Ciencias
    14 na Casa do Home (Domus)

    Do 1 de novembro decembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010, cun total de 11 bolseiros do programa de “prácticas de museoloxía”.

    Os horarios, turnos e dotación presupostaria axustarase ao seguinte esquema:

    1.- Durante o período comprendido entre o 1 de novembro decembro e o 31 de decembro de 2009, cada bolseiro dos programas “visitas guiadas” recibirá unha axuda económica de setenta e tres con corenta e sete euros, 73,47.- € brutos por mes, gasto que se afrontará con cargo ao crédito presupostario 71.454.481.06 do Orzamento municipal en vigor. Os integrantes deste programa prestarán os seus servizos durante 4 horas semanais.
    O reparto de turnos efectuarase de acordo coas necesidades dos Museos Científicos Coruñeses e a dispoñibilidade dos bolseiros ao seguinte esquema:

    A percepción da bolsa ou axuda económica ao estudo, para os estudantes que efectúen as súas prácticas desde o 1 de xaneiro ao 31 de agosto de 2010, queda supeditada á existencia de crédito adecucado e suficiente para a súa cobertura no Presuposto municipal do ano 2010.

    O pagamento da bolsa efectuarase á conclusión do período de prácticas.

    2.- Durante o período comprendido entre o 1 de novembro decembro de 2009 e o 30 de xuño de 2010, con 11 bolseiros do programa de “Prácticas de Museoloxía”. Os bolseiros seleccionados para este programa repartiranse en diferentes proxectos conforme o seguinte esquema:
    2 bolseiros para o proxecto “Xardín Botánico do Paraíso Mariño” sobre botánica litoral de Galicia (do 1/11/2009-30/6/2009).
    1 bolseiro para o proxecto “Palabras da Ciencia”, sobre a análise da actualidade científica (do 1/11/2009-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto “Wikiteca.org: versión 2.0 dunha plataforma online de divulgación científica (do 1/11/2009-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto “Museoloxía científica e educación” (do 1/11/02009-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto “Marketing dun museo de ciencia” (do 1/11/2009-30/6/2010).
    1 bolseiro para o proxecto “Archivo de prensa e base das imáxenes dos Museos Científicos Coruñeses” (do 1/11/2009-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto “Técnicas de mantemento das instalacións acuariolóxicas de contido autóctono e alóctono” (do 1/11/2009-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto “Documentación técnica das instalacións do Aquarium Finisterrae” (do 1/11/2009-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto “Seguimento de actividades museográficas (do 1/11/09-30/6/2010)
    1 bolseiro para o proxecto de “Colaboración no proxecto de investigación sobre a bioloxía do santiaguiño (Scyllarus srctus)” ( do 1/11/2009-30/6/2010)

    O reparto dos turnos efectuarase de acordo coas necesidades do Servizo Casa das Ciencias- Museos Científicos Coruñeses e a dispoñibilidade dos bolseiros.

    Durante o período comprendido entre o 1 de novembro decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2009, cada bolseiro dos programas “Prácticas en museoloxía” recibirá unha axuda económica de cento corenta e seis con noventa e catro euros, 146,94.-€ brutos ao mes. Os integrantes deste programa prestarán os seus servizos durante 8 horas semanais.

    A percepción da bolsa ou axuda económica ao estudo, para os estudantes que efectúen as súas prácticas desde o 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2010, queda supeditada á existencia de crédito adecuado e suficiente para a súa cobertura no Orzamento municipal do ano 2010.

    O pagamento da bolsa efectuarase á conclusión do período de prácticas.


    9. OBRIGAS DOS BOLSEIROS
    Os bolseiros estarán obligados a cumplir os horarios establecidos para o desenvolvemento da actividade á que sexan asignados pola Dirección e o Equipo Técnico dos Museos Científicos Coruñeses e a presentar os informes e memorias que procedan.


    10. NORMATIVA APLICABLE
    As bases desta convocatoria están reguladas polo disposto na ordenanza específica de bolsas da Área Museos Científicos Coruñeses do Excmo. Concello da Coruña e polo establecido na Lei Xeral de Subvencións.






    © Museos Científicos Coruñeses, 2009 | Comentarios e suxestións