Descende ó Nautilus, unha sala mergullada no mar, e revive o soño de Xulio Verne en '20.000 leguas de viaxe submarina'.
Nun decorado que recrea o gabinete do capitán Nemo, cunha música composta para esta sala, milleiros de peixes de 50 especies diferentes nadan ó teu redor. Tiburóns touro, aguias mariñas, meros ou rodaballos viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.
© Museos Científicos Coruñeses, 2007 | Comentarios e suxestións