>> Aquarium Finisterrae
Especie: Carcharias taurus
Hábitat: todos os mares mornos
Profundidad: ata 200 m
Talle máximo: 3.2 m
Peso máximo: 159 kg
Xestación: 8-9 meses, ovovivípara
Desde o 24 de maio de 2006 o oceanario do Nautilus do Aquarium Finisterrae ten un novo e espectacular inquilino: Gastón, un tiburón touro (Carcharias taurus) de 3 metros de lonxitude e 100 quilos de peso, procedente do Océanopolis de Brest (Francia). Tras 3 meses na sala de cuarentena, adaptándose á temperatura e calidade da auga galega, xa está no Nautilus e fai compañía a Hermosa, a pequena “tiburona” touro que vive aquí desde hai anos.
Gastón chega ao Nautilus
(6.5 MB, vídeo MPEG-4)
Preparado para iPod e PSP


© Cesar Quián, imaxe cedida por La Voz de Galicia
Aínda que vén de Brest, Gastón non é bretón, senón sudafricano. Naceu en 1996 fronte a Cidade do Cabo, na confluencia entre os océanos Atlántico e Índico. Cando tiña 3 anos foi capturado e trasladado a Oceanópolis, onde viviu con outros exemplares do seu mesma especie, tamaño e peso. Pero chegou un momento en que a convivencia entre os tiburóns volveuse moi tensa e Gastón foi enviado cara a augas máis tranquilas: así chegou ao Aquarium Finisterrae.
Os tiburóns touro son depredadores voraces que se alimentan de peixes, cefalópodos e crustáceos.

Tiburón | Wikipedia
Completo artículo sobre os tiburóns.
Tiburón touro | Fishbase.org
Ficha técnica da especie á que pertenece Gastón.
Sand tiger shark | Arkive.org
Imaxes e vídeos de tiburóns touro.
© Museos Científicos Coruñeses, 2007 | Comentarios e suxestións