Visitas escolares Curso 2009-2010

volver a casaciencias.org

Planifica o tempo e aproveita os contidos máis axeitados para o teu grupo:

Reunión preparatoria para profesores

Os Martes, ás 17:30

  • Todos os martes lectivos, ás 17:30, sesión en cada museo para axudar
    aos profesores a preparar a visita.

  • Os coordinadores de educación recorren os museos cos profesores
    e lles entregan material didáctico.

  • Os profesores que acudan obteñen cuota especial para o seu grupo:
    todo gratis excepto o cine da Domus (1€).
  • Canto dura a visita a cada museo?

    Visita estimada

    (Sen ter en conta a asistencia a actividades especiais)

  • Casa das Ciencias: 1 hora
  • Domus: 1 hora 30 min
  • Aquarium Finisterrae: 2 horas
  • Horarios e prazas das actividades especiais

    • Cine 3D (Domus, 45 min):
      Horarios: 10:00, 11:30, 13:00, 16:30 e 18:00
      Aforo: 116 prazas

    • Planetario (Casa das Ciencias, 45 min):
      Horarios: 10:00, 11:30, 12:30, 13:30, 16:30 e 18:00
      Aforo: 79 prazas

    • Obradoiros escolares:
      >> Domus
      Disección (hora a solicitude do grupo)
      >> Aquarium Finisterrae
      Obradoiro dixital de actualidade científica
      (martes e xoves, ás 11:00, máx. 25 alumnos)

    • Visitas animadas:
      >> Aquarium Finisterrae
      Falando con peixes (luns, mércores e venres, ás 11.30, máx. 50 alumnos)
      Contacontos (hora a solicitude do grupo, máx. 50 alumnos)

    Onde podemos xantar?

    Picnic da Domus

    Traede a vosa comida ao picnic da Domus.
    Turnos de 80 persoas e 45 minutos como máximo.
    Horarios: 12:00, 13:00, 14:00, 15:00.

    Cantina de Ultramar

    Tamén podedes encargar o xantar na cantina do Aquarium Finisterrae
    Teléfono: 981 217682

    Máis información:
    981 189 848 Reservas mc2
    reservas@casaciencias.org



    © Museos Científicos Coruñeses, 2009 | Comentarios e suxestións