Tratamento dos datos aportados
O enderezo de correo electrónico solicitado neste formulario utilizárase para contactar co editor do blog para lle enviar a invitación para o pase especial para blogueiros da película "Dinosauros 3D" e, no caso de que así o desexe, para mantelo informado sobre futuros actos para blogueiros.
Estes datos non serán cedidos a terceiros nin utilizados para outro fin máis que os aquí expostos.
Responsabilidade do almacenamento dos datos
Os enderezos de correos serán almacenados nun fichero propiedade dos Museos Científicos Coruñeses (Concello de A Coruña) que se tratarán de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal vixente en España.
Dereito de acceso, rectificación e cancelación
Os titulares dos datos teñen o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos. Para exercer estes dereitos os titulares dos datos pódense dirixir unha petición escrita por correo postal a:
MC2 para blogueiros
DOMUS
Rúa Santa Teresa, 1
15002 A Coruña
ou ben dirixirse por correo electrónico a blogueiros.mc2@gmail.com