Un documental mexicano que explora a historia da física moderna, un libro de Alianza Editorial, escrito por Francisco Ayala, biólogo e membro da Academia Nacional de Ciencias de EEUU, que lanza pontes para conciliar relixión e ciencia, e un artigo de Pablo Jáuregui (publicado en El Mundo) sobre o maior acelerador de partículas do mundo construído no CERN de Xenebra para simular o nacemento do universo, obtiveron os Prismas de Bronce nesta XXI convocatoria.
Fallo do Xurado
O Prisma Especial do Xurado foi outorgado a D. Miguel Ángel Quintanilla, catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidad de Salamanca. Quintanilla desenvolveu unha importante labor na promoción e a divulgación da ciencia ao longo da súa traxectoria académica e como xestor, dende o plano docente, como investigador e no desempeño dos cargos políticos que ocupou, o último deles, Secretario de Estado de Universidades e Investigación (ata maio de 2008).
30 XUÑ 2008, 12.00 h | Fin do prazo de presentación da categoría de libros editados
31 AGO 2008, 12.00 h | Fin do prazo de presentación do resto de categorías
15 NOV 2008 | Acto de entrega de premios
DESCARGA
Bases e fichas de participación
(PDF, 207 KB)